jueves, 5 de marzo de 2015

CARNAVAL



Ola!Chámome Christian e hoxe tócame a min actualizar o blog.Vouvos falar do Carnaval.Nos fomos disfrazados do Capitán América,pero non fomos por todo Portonovo,fomos ao pavillón do colexio a desfilar.A min gustoume cando fomos ao comedor a comer filloas e orellas.
A sesión de discoteca gutoume porque había moitos disfraces para ver,ata os maiores ían disfrazados!







































jueves, 26 de febrero de 2015

EDUCACIÓN VIAL



Ola chámome  Nayara  . Hoxe  tócame  actualizar o blog  a min.
Hoxe  quero  dicirvos  que  houbo dous  días nos  que estivemos
cos  policias  .O  primeiro  día estivemos  falando  dos  sinais ,de
como  hai  que  ir  pola  rúa e estivemos vendo vídeos de
seguridade  vial. O segundo  día estivemos coas bicicletas e
foi divertido. A algúns compañeiros dixéronlle  os policias que
tiveran coidado.E ao final terminamos  axudando a os policias a recoller o circuito.















martes, 10 de febrero de 2015

CANTAS VECES Á SEMANA COMES PEIXE?

Ola son Noel .Eu son do grupo 2. A  miña pregunta era:
 Cantas veces á semana comes peixe? 
As repostas son estas.

ALUMNOS
PROFES
FAMILIAS
3 VECES OU MÁIS
6
8
13
2 VECES
12
9
16
1 OU NINGUNHA
5
8
6
Cremos que é pouco comer duas veces peixe a semana porque os medicos recomendan máis peixe,legumes e verduras e deberiamos comelo porque por estas zonas hai moito peixe. Tamén nos chama a atención que moitos respondan que toman unha vez ou ata ningunha vez peixe á semana e creemos que non è nada saudable.
Agora podedes ver algunhas fotos da elaboración do mural:






CANTAS COMIDAS REALIZAS AO DÍA?






Hola son Amina ,hoxe encárgome do blog .Tócame escribir as conclusións sobre a enquisa de hábitos alimenticios.Eu son do grupo 1.A miña pregunta era:

 Cantas comidas realizas ao día?
Estas son as respostas:


ALUMNOS
PROFES
FAMILIAS
CINCO COMIDAS
10
18
8
CATRO COMIDAS
2
4
6
TRES  COMIDAS
8
3
19
DUAS COMIDAS
3
0
2

A maioria de profes fai 5 comidas ao  día .En cambio , a maioría de familias so fai 3. Non é moi saudable facer so 2 comidas ao día.

martes, 3 de febrero de 2015

HÁBITOS ALIMENTICIOS

Hola chámome David. Hoxe tócame actualizar o blog a min así que vos vou contar sobre un traballo en equipo que fixemos na clase sobre hábitos alimenticios. Dividímonos en grupos e cada un dos grupos ocupouse dunha pregunta, ou ben aos mestres ou aos compañeiros.Cos resultados fixemos un mural para que todos puidesen velo, e agora imos facer unha valoración das respostas. Gustoume moito o mural, ademáis paréceme boa idea facelo en equipo porque acabamos antes, ainda que ás veces discutimos...

martes, 13 de enero de 2015

PRESENTACIÓN LOS DETERMINANTES


 Hola soy Jorge y hoy soy el encargado de actualizar el blog. En clase de Lengua castellana,  empezamos con el repaso de los determinantes y,  como el año pasado habíamos hecho una presentación de todos los determinantes con la profe Lorena,la colgamos aquí para poder verla de nuevo.Espero que os guste.





PULSA LA IMAGEN PARA VER LA PRESENTACIÓN 




viernes, 9 de enero de 2015

Excursión Bueu. Museo Massó + Cabo Udra

Para dar a benvida ao novo trimestre deixámosvos coas fotos da saída cultural que fixemos a Bueu cos nosos compañeiros de 3ºEP. Visitamos o museo Massó onde tivemos a oportunidade de coñecer un pouco máis sobre a forma de vida da xente do mar ao longo do tempo. Pola tarde fixemos un roteiro polo cabo Udra. Tivemos un día estupendo e puidemos ver perfectamente a nosa ría (a ría de Pontevedra) e a ría de Vigo. Desfrutamos moito da saída e agardamos facer outra axiña.