jueves, 18 de diciembre de 2014

NORABOA AOS GAÑADORES!!!

Hola son Alba.Hoxe son a encargada do blog e teño dúas noticias moi importantes que contarvos:
A primeira; Bianca, a nena que onte actualizou o blog, quedou finalista no concurso "Sanxenxo no Nadal". Que sorte! A verdade é que debuxa moi ben. O premio é unha invitación para ver unha película e acompañar aos Reis Magos de Oriente na cabalgata do día 5 de Xaneiro.
A segunda cousa importante é que outra nena da nosa clase, Lara,  que hoxe non veu porque está maliña,  foi unha das gañadoras do concurso de debuxo do cole. Poderedes ver o seu debuxo e o de Sara Salomón de 3 anos (a outra gañadora),  no noso calendario do ano que ven. Ás dúas lles darán un agasallo no acto de entrega de diplomas de fin de curso.
Déixovos unha foto  de Lara para que a coñezades.

1 comentario:

  1. Felicidades a todos os premiados e en especial a miña guapísima filla Bianca.
    Seguide así e deseolle unha pronta recuperación a Lara.

    ResponderEliminar