viernes, 9 de enero de 2015

Excursión Bueu. Museo Massó + Cabo Udra

Para dar a benvida ao novo trimestre deixámosvos coas fotos da saída cultural que fixemos a Bueu cos nosos compañeiros de 3ºEP. Visitamos o museo Massó onde tivemos a oportunidade de coñecer un pouco máis sobre a forma de vida da xente do mar ao longo do tempo. Pola tarde fixemos un roteiro polo cabo Udra. Tivemos un día estupendo e puidemos ver perfectamente a nosa ría (a ría de Pontevedra) e a ría de Vigo. Desfrutamos moito da saída e agardamos facer outra axiña.


No hay comentarios:

Publicar un comentario